domingo, 11 de diciembre de 2011

76 Bonaval - Basketdeza 36

Sábado 10 de decembro, 20h. Colexio La Salle.

Partido sen moito que contar. Os de Lalín acudiron a La Salle con tan só cinco xogadores e ata ahí xogaron o primeiro cuarto cun parcial de 21-14 ao noso favor. Despois diso fóronse lesionando dous deles con problemas musculares, un seguiu xogando pero outro tivo que parar no terceiro periodo. No derradeiro cuarto dous xogadores visitantes autoexpulsáronse. Práticamente nin defendimos nin atacamos máis.
Por desgraza hai que resaltar a lamentable educación do número 15 de Basketdeza que tralo descanso dedicouse a facer faltas, protestar e aínda logo de expulsado insultar aos nosos xogadores negándolle a man ao final do encontro. É unha pena e unha vergoña atopar individuos que desprezan dese xeito o deporte que practicamos. Grazas a Deus o baloncesto é outra cousa. Esta é a primeira vez e esperemos que a última que temos a obriga de facer un comentario así.
O contrapunto, outro xogador do mesmo equipo, que con problemas seguiu xogando ata o final do encontro pedindo logo disculpas por vir nesas condicións, con tan só cinco xogadores, dándose conta de que se estragou unha tarde de baloncesto e sendo consciente de que custa tempo e cartos desputar os partidos.
Pola nosa banda destacar o acerto no tiro de Fran, xuvenil de La Salle.

Este triste encontro foi o derradeiro antes do parón de Nadal. Na vindeira xornada tócanos descansar.

No hay comentarios: