domingo, 4 de diciembre de 2011

66 Amigo del Vía - Bonaval 53

Derrota clara por 13 puntos ante o Amigos del Vía. Partido desputado nunha triste e morriñenta tarde de outono no polideportivo do Cruceiro de Santa María, en Arzúa.

Resumo do partido: segundo cuarto 13-2. Resultado ao descanso 27-12. Xogador número 13 do Amigos del Vía (Sanmartín) 25 puntos e infinitos rebotes defensivos e ofensivos, ademáis de cargar de faltas aos nosos dous postes con suma rapidez. O partido estaba decidido por estes factores aos que sumamos un desacerto demasiado grave do Bonaval de cara o aro no segundo cuarto. Sendo así é xusto tamén loubar a entrega dos de vermello trala reanudación. Conseguimos poñernos a tan só cinco puntos o final do terceiro cuarto, pero nos tiros decisivos sinxelos que tivemos quedando catro minutos erramos, o que sentenciou definitivamente un partido que estaba perdido no descanso e que tivemos fe de poder gañar hasta case os últimos minutos cando os nosos tiron non entraron e os seus si.

Victoria medianamente cómoda para Amigos del Vía e nova derrota para o Bonaval.

Próximo partido, o último antes do parón de Nadal, contra Basketdeza.

No hay comentarios: