sábado, 26 de noviembre de 2011

53 Bonaval - Dietéticos Lar 52

Victoria por un só punto ante un equipo novo na categoría pero cheo de xogadores que levan anos xogando ao baloncesto en santiago en diferentes equipos. O partido, coma novidade, comenzou moi ben para os locais cun parcial no primeiro cuarto de 15 - 6. É probable que os rivais non esperansen unha defensa individual. Hoxe Bonaval xogou con ritmo exceptuando o último cuarto. O partido decidiuse nos tiros libres finais. Tras anotar os de vermello dous tiros libres con nove segundos no marcador, o equipo visitante solicitou tempo morto xogándo un un contra un que finalizou nunha boa penetración, na que os visitantes sacaron falta anotando os dous tiros libres a falta de cinco segundos. Neses cinco segundos, agotados os tempos mortos, cruzamos o campo e conseguimos un tiro sobre o que os visitantes fixeron falta. Nico tirou dous tiros libres co tempo esgotado errando o primeiro pero anotando o segundo conseguindo así a victoria.



Antes do noso partido xogaron as chicas de autonómica co seguinte resultado nun partido cunha pésima primeira metade e un gran segundo tempo.

Partido da 1ª división autonómica femenina correspondente a xornada 9:
La Salle 65 - Porriño Bto. Base Canteiras Grupo Pescanova 59

jueves, 24 de noviembre de 2011

Xornada 7

Bonaval - Dietéticos Lar
Sábado 26 de novembro ás 20h, colexio La Salle

Antes do noso partido, ás 18h, xógase no mesmo pavillón o encontro de 1ª división autonómica femenina entre La Salle e Porriño.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Xornada 6

C.B. Padrón - Bonaval

Domingo 20 de novembro ás 19h no pavillón municipal de Padrón

sábado, 12 de noviembre de 2011

65 Bonaval - Bertamiráns 57

Primeira victoria da tempada nesta noite de sábado. Os de Bertamiráns presentáronse con tan só seis xogadores no terreo de xogo, o que determinou o resultado final. Bonaval non aproveito a súa ventaxa física e apenas intentou realizar contraataques o longo do partido, pero a nosa defensa individual foi desgastando ao rival que capitulou no terceiro cuarto cun parcial de 19-10, que dado o cansanzo dos visitantes foi definitivo a pesares de que nunca baixaron os brazos.
Destacar a boa actuación dos nosos xuvenís do colexio La Salle, Fran e Alberto, que aportaron os seus puntos e a súa intensidade. Así mesmo, no equipo rival debemos facer mención do bo facer na pintura do número oito, que permitiu que o partido chegase en menos de dez puntos de diferenza ao final.

Próxima cita: visita a Padrón.

domingo, 6 de noviembre de 2011

62 Compañía de María - Bonaval 54

Partido intenso en la difícil pista del colegio Compañía de María de Santiago. Los locales impusieron un ritmo de juego muy alto que acabó pasando factura a nuestro equipo (hoy de blanco) al final del encuentro. El alto porcentaje de tiros libres local fue decantando el partido dado el gran número de faltas por ambos bandos.
El partido comenzó a ritmo eléctrico con muchas imprecisiones para disfrutar luego de un segundo cuarto de buen baloncesto y un tercer cuarto aceptable. Todo llegó igualado a los últimos cinco minutos, donde alguna mala decisión a la hora de hacer faltas y el nulo acierto en tiros fáciles impidió la recompensa final para Bonaval.

Los parciales fueron: 13-5; 16-21; 18-19; 15-9

Próximo partido Bonaval - Bertamiráns

martes, 1 de noviembre de 2011

Xornada 4

Compañía de María - Bonaval

Domingo 6 de novembro ás 17h na pista do colexio de Compañía de María (Santiago)

46 Bonaval - Infortecny 64

Nova derrota nun moi mal partido de Bonaval que non acaba de atopar ritmo nesta tempada. Inicio do encontro máis ou menos concentrados para xogar logo un segundo cuarto para esquecer onde xa practicamente se sentenciou o encontro.
Infortecny moveu por momentos moi ben o balón en ataque e estivo bastante acertado dende os 6.25.
Houbo tres faltas técnicas no partido, excesivas para a pouca intensidade do encontro.