Bonaval - Infortecny
Sábado 29 de outubro ás 20h
Colexio La Salle
sábado, 29 de octubre de 2011
domingo, 23 de octubre de 2011
63 Bonaval - CB Ames 68
Novo partido igualado contra un equipo do Concello veciño.
O partido comenzou a ritmo rápido, con tímidas defensas de ambos equipos que permitiron unha boa anotación para a categoría. No segundo cuarto, Bonaval puido impoñer o seu xogo, pero isto tan só duraría 6 minutos. No resto do partido foi o club de Ames o que marcou o tempo axudados por 8 triplas, exactamento o dobre que as que conseguiron os locais. Con defensas zonais, este maior acerto na liña de tres foi decidindo o encontro.
Tamén axudou á victoria visitante un moi bo porcentaxe de tiros libres, ao que engadimos as 23 faltas locais contra as 17 visitantes, feito que deu a puntilla final aos de vermello no derradeiro cuarto (no que xa no minuto catro, a seis do final, estabamos con bandeira)
Nos últimos intres, coma no primeiro partido, faltou o acerto nos tiros, a pesares de conseguir facelos en boas posicións.
Os parcias foron: 19-21; 19-13; 12-15; 13-19

sábado, 22 de octubre de 2011
domingo, 16 de octubre de 2011
51 XL Milladoiro - Bonaval 49
Mal comezo de tempada para o Bonaval cunha derrota no derradeiro segundo da prórroga.
O partido comezou cun 12-0 a favor do conxunto local, rematando o primeiro cuarto cun parcial de 19-6 e chegando ao descanso cun 31-17. O segundo e logo o terceiro cuarto foron moi igualados (12-11 e 12-14 respectivamente), con incontables erros no tiro exterior por ambos bandos.
Os clásicos do Milladoiro xogaron un ataque ordeado e destacaron por ter un potencial moi superior no rebote (notáronse notablemente neste apartado as baixas do equipo visitante). En defensa propuxeron unha zoa 2-3 moi pechada e dura, con todos os xogadores moi atentos para cortar os pases interiores.
No cuarto cuarto notouse o maior fondo físico do Bonaval, cun resultado parcial de 3-15 que forzaba a prórroga. Tivemos o último tiro do partido en posición moi ventasoxa pero coma no resto do encontro non quiso entrar.
Xa na prórroga víronse bastante nervos e pouco baloncesto. Dous erros de concentración no noso bando díronlle o partido (no derradeiro segundo) ao equipo local, que desfruta así dunha primeira e traballada victoria nesta nova andaina baloncestística.

viernes, 14 de octubre de 2011
Nova tempada, primeiro partido.
O Club Baloncesto Bonaval sogará este ano na 4ª división sénior masculina da Federación Galega de Baloncesto. Este ano os partidos nos se desputaran por concentración. Neste blog publicaránse os horarios dos encontros e as novas do club.
Xornada 1:
Sábado 15 de outubro, 18h
XL Milladoiro - Bonaval
Municipal de Milladoiro
Xornada 1:
Sábado 15 de outubro, 18h
XL Milladoiro - Bonaval
Municipal de Milladoiro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)