sábado, 12 de noviembre de 2011

65 Bonaval - Bertamiráns 57

Primeira victoria da tempada nesta noite de sábado. Os de Bertamiráns presentáronse con tan só seis xogadores no terreo de xogo, o que determinou o resultado final. Bonaval non aproveito a súa ventaxa física e apenas intentou realizar contraataques o longo do partido, pero a nosa defensa individual foi desgastando ao rival que capitulou no terceiro cuarto cun parcial de 19-10, que dado o cansanzo dos visitantes foi definitivo a pesares de que nunca baixaron os brazos.
Destacar a boa actuación dos nosos xuvenís do colexio La Salle, Fran e Alberto, que aportaron os seus puntos e a súa intensidade. Así mesmo, no equipo rival debemos facer mención do bo facer na pintura do número oito, que permitiu que o partido chegase en menos de dez puntos de diferenza ao final.

Próxima cita: visita a Padrón.

No hay comentarios: