sábado, 26 de noviembre de 2011

53 Bonaval - Dietéticos Lar 52

Victoria por un só punto ante un equipo novo na categoría pero cheo de xogadores que levan anos xogando ao baloncesto en santiago en diferentes equipos. O partido, coma novidade, comenzou moi ben para os locais cun parcial no primeiro cuarto de 15 - 6. É probable que os rivais non esperansen unha defensa individual. Hoxe Bonaval xogou con ritmo exceptuando o último cuarto. O partido decidiuse nos tiros libres finais. Tras anotar os de vermello dous tiros libres con nove segundos no marcador, o equipo visitante solicitou tempo morto xogándo un un contra un que finalizou nunha boa penetración, na que os visitantes sacaron falta anotando os dous tiros libres a falta de cinco segundos. Neses cinco segundos, agotados os tempos mortos, cruzamos o campo e conseguimos un tiro sobre o que os visitantes fixeron falta. Nico tirou dous tiros libres co tempo esgotado errando o primeiro pero anotando o segundo conseguindo así a victoria.



Antes do noso partido xogaron as chicas de autonómica co seguinte resultado nun partido cunha pésima primeira metade e un gran segundo tempo.

Partido da 1ª división autonómica femenina correspondente a xornada 9:
La Salle 65 - Porriño Bto. Base Canteiras Grupo Pescanova 59

No hay comentarios: