domingo, 23 de octubre de 2011

63 Bonaval - CB Ames 68

Novo partido igualado contra un equipo do Concello veciño.
O partido comenzou a ritmo rápido, con tímidas defensas de ambos equipos que permitiron unha boa anotación para a categoría. No segundo cuarto, Bonaval puido impoñer o seu xogo, pero isto tan só duraría 6 minutos. No resto do partido foi o club de Ames o que marcou o tempo axudados por 8 triplas, exactamento o dobre que as que conseguiron os locais. Con defensas zonais, este maior acerto na liña de tres foi decidindo o encontro.
Tamén axudou á victoria visitante un moi bo porcentaxe de tiros libres, ao que engadimos as 23 faltas locais contra as 17 visitantes, feito que deu a puntilla final aos de vermello no derradeiro cuarto (no que xa no minuto catro, a seis do final, estabamos con bandeira)
Nos últimos intres, coma no primeiro partido, faltou o acerto nos tiros, a pesares de conseguir facelos en boas posicións.

Os parcias foron: 19-21; 19-13; 12-15; 13-19

No hay comentarios: