domingo, 16 de octubre de 2011

51 XL Milladoiro - Bonaval 49

Mal comezo de tempada para o Bonaval cunha derrota no derradeiro segundo da prórroga.

O partido comezou cun 12-0 a favor do conxunto local, rematando o primeiro cuarto cun parcial de 19-6 e chegando ao descanso cun 31-17. O segundo e logo o terceiro cuarto foron moi igualados (12-11 e 12-14 respectivamente), con incontables erros no tiro exterior por ambos bandos.
Os clásicos do Milladoiro xogaron un ataque ordeado e destacaron por ter un potencial moi superior no rebote (notáronse notablemente neste apartado as baixas do equipo visitante). En defensa propuxeron unha zoa 2-3 moi pechada e dura, con todos os xogadores moi atentos para cortar os pases interiores.
No cuarto cuarto notouse o maior fondo físico do Bonaval, cun resultado parcial de 3-15 que forzaba a prórroga. Tivemos o último tiro do partido en posición moi ventasoxa pero coma no resto do encontro non quiso entrar.
Xa na prórroga víronse bastante nervos e pouco baloncesto. Dous erros de concentración no noso bando díronlle o partido (no derradeiro segundo) ao equipo local, que desfruta así dunha primeira e traballada victoria nesta nova andaina baloncestística.

No hay comentarios: